Triunfo en Terceira no derbi para o sorprendente Arteal

0

 

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2021.- O Arteal Deportes Cibeira volveu certificar o seu alcume de equipo revelación e coa súa vitoria “in extremis” da pasada fin de semana por 4-3 no derbi ante a SD Compostela “B” situouse na segunda posición da táboa.

O Deportes Cibeira militaba a pasada tempada nunha categoría inferior e o seu obxectivo o inicio era a permanencia. Configurado na súa maioría con nenos da canteira, contou como reforzo cuns dos veteranos do club e grazas a esa combinación de experiencia coa ilusión dos máis novos, vai gañando semana a semana a equipos a priori máis fortes.

A súa adestradora, Gerusa Acordi, non agocha a súa satisfacción polos resultados, pero segue cos pés na terra, polo que afirma que unha vez que consigan matematicamente a permanencia, será o momento de facer rotacións en todos os xogadores, dando entrada a nenos da Escola do club, que polo seu esforzo son merecedores da participación nunha liga do nivel da Terceira Nacional.

O vindeiro encontro será contra o Finisterre de A Coruña, un equipo de características moi similares, onde promocionan a base, pero que contan tamén coa participan en competición con un xogador experimentado e alma máter do Club, Diego Gómez. Promete ser un partido apaixonante e cheo de incerteza.