Galicia contará nas súas filas con tres Xoias Laranxas na fase previa do Campionato de España Sub-19 de Seleccións Autonómicas que se disputará en Estremadura entre o venres e o domingo. Xunto a Jorge Quelle e Renato Rodrigues, que se estrearon onte en competición oficial co equipo sénior no pase a cuartos de Copa do Rei ante O Parrulo FS (7-1), tamén defenderá a irmandiña o meta Bruno García.
Os xuvenís do Pescados Rubén Burela FS adestraron ante a tarde en Lugo antes de partir coa expedición rumbo a Navalmoral de la Mata. País Vasco, Melilla e Estremadura serán os rivais a bater para facerse co pase á fase final.
LIGAZÓN O CAMPEONATO
Reclamo de España. Jorge Quelle enlazará os compromisos da Galega cos de España Sub-17, coa incorporación á concentración o domingo para os amigables fronte a Serbia, o martes 21 e mércores 22, en Zrenjanin e Novi Becêc.