Foto: FUTGAL

 

Talento galego para a Selección Española absoluta feminina de fútbol praia. Ata tres xogadoras da nosa comunidade foron citadas polo seleccionador nacional para tomar parte no Euro Beach Soccer League Nazaré 2019 que terá lugar o próximo mes de xullo.

Andrea Mirón, Sara González e Carolina González viaxarán ata o país veciño para loitar con «La Roja» por este Europeo de fútbol praia.

O torneo terá lugar na localidade portuguesa de Nazaré entre os días 5 e 7 de xullo. O seleccionador nacional, Christian Méndez, citou a 10 xogadoras para esta cita internacional na que España enfrontarase a Suíza e a República Checa.

CALENDARIO DE PARTIDOS

5-7-19 11:15 horas: España – Republica Checa
6-7-19 17:00 horas: España – Suiza
7-7-19 09:15 horas: Partido 5º – 6º
7-7-19 10:30 horas: Partido 3º – 4º
7-7-19 18:15: Final