En el descanso del partido, un grupo de amigos cómplices con el club, le gastaron una broma a su amigo, que celebraba su despedida de soltero, ante el resto de los más de 5.000 espectadores del encuentro.

 

El Rio Natura Monbus Obradoiro volvió a presumir la pasada jornada de la Liga Endesa de la mejor afición de la competición, con su habitual sentido del humor. Y es que, en el descanso del partido, un grupo de amigos cómplices con el club, le gastaron una broma a su amigo, que celebraba su despedida de soltero, ante el resto de los más de 5.000 espectadores del encuentro.

 

Entre todos, se inventaron un concurso ficticio en el que metiendo canasta desde medio campo con los ojos vendados, la víctima se llevaría un sueldo mensual de 2000€. Aunque no fue así, con la colaboración de todo el pabellón, nuestro protagonista Xan creyó que lo había conseguido…Pero poco duró la alegría, al enterarse a los pocos minutos de que todo era una artimaña de sus compañeros. 

 

Enlace a vídeo de la acción: 

 

http://www.galiciadeportiva.es/creia-que-habia-ganado-un-sueldo-de-2000-e-pero

 

Así nos cuenta uno de sus creadores cómo se fraguó la acción:

 

«O sábado facemos unha despedida de solteiro sorpresa e queremos que o noivo concurse no «Obra». Con quen falamos?»

 

Nun principio este Whatsapp ía libre de mala idea. Nada máis lonxe da que se armou no descanso do Rio Natura Monbus Obradoiro – Baloncesto Sevilla. Un grupo de amigos con máis retranca que vergoña argallamos, grazas a liberdade creativa que nos brindaron desde o club, unha trasnada de potencialidades bárbaras. Non era orixinal, mais si inédita na ACB, que nós recordemos. 

 

Venres, 22:00 horas. Recibimos o «OK» do club: 

 

-«Están de acordo, onde sentades? Non vos podedes botar atrás!»

-«Non teñas medo!»

 

E chega o día. A vítima anda a sobresaltos: que se visita sorpresa, disfrace, pancartas e a confirmación de que imos todos ao partido. Ás 18:00 horas amosámoslle unha mensaxe – falsa, como a nosa condición humana – que dicía que era o escollido para un novo concurso no descanso. Entre esa hora e a do encontro andamos escapados. Temos que chegar tarde porque dentro do pavillón os voluntarios e a megafonía encárganse de avisarvos aos máis de 5.000 espectadores segundo ides chegando. 

 

«Aínda por riba vaia entrada!», comentamos entre os cómplices co partido xa iniciado. A vítima, o socio número 309, que podería ser cotitular con tantos outros dunha cátedra universitaria sobre que significa ser do Obra – é o neno que ten conta da bandeira no vello pavillón de Sar – non atende nin aos cincos iniciais. De memoria repite as consignas: «un único tiro, ollos pechados, medio do campo»

 

Quedan tres minutos e baixamos a pista. O tirador afaise ao balón. Os demais mirámonos como querendo memorizar cal é o rictus dun desalmado. Explícase para toda a grada a dinámica, colle a bola, tira e milleiros de senvergoñas poñédesvos a berrar coma se nos clasificaramos para a Copa do Rei, desprazando a bola virtualmente máis dun metro ata facela pasar polo aro. A todos e cada un de vós só vos podemos dicir grazas, de verdade, foi unha tolemia.

 

¿Que se o creu? Abofé! Esa cara só lla viramos no pavillón do Plantío, en Burgos, hai máis de catro anos cando volvemos á elite- aquel día tamén rematou na pista abrazado ao Tuky, a Oriol e a Corbacho. E aí, o sábado, no mesmísimo centro do universo obradoirista, mentres o manteabamos entre os cánticos de toda a Caldeira, e ata que leu o cheque que desvelaba a falcatruada, estamos seguros de que se sentiu como Larry Bird o día que lle dixo a un rookie chamado Reggie Miller que o amolaba antes dun tiro libre: «Pero que dis? Novato, son o mellor tirador da liga!»

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                Rodrigo Lamas. Socio número 1354