Traballada vitoria do Leite Río Breogán no Pazo (87-84)

0
  • Os celestes superaron a un acertado Alicante e contaron coa enerxía dun Pazo espectacular

O Leite Río, vestido de rosa en apoio á loita contra o cancro de mama, entraba no partido cun parcial (9-2) que parecía encarrilar o encontro. Nada máis lonxe da realidade xa que o HLA Alicante tirou de acerto exterior e equilibrou cuarto inicial (25-25). O partido complicábase no segundo cuarto para os celestes, que aínda freando a Bamba Fall, un dos xogadores revelación da liga neste inicio, vían como o acerto dende máis aló da liña de tres sorría os visitantes e o marcados amosaba un 39-46 ao descanso.

Tralo paso por vestiarios, o equipo de Diego Epifanio apertou en defensa e cun parcial de 19-0 daba a volta ao marcador nun terceiro cuarto no que deixaba ao rival en 8 puntos (65-54 ao final do terceiro periodo).

Pero o partido aínda tiña moita dose de emoción que ofrecer nun Pazo que non deixou de animar ao equipo. Os visitantes seguian confiando no seu excelente tiro exterior (remataron cun 16 de 35, un 45,7% de acerto, e con so un tiro menos de 3 que de 2 puntos) o que levaba a apertar o marcador a poucos segundos do final. Pero o equipo local xestionou ben os últimos segundos con acerto dende a liña de tiros libres e sumou unha terceira vitoria moi importante co apoio do Pazo (87-84).

Sergi Quintela foi o xogador mais valorado dos celestes (20v.) con 15 puntos (con 3 de 3 en triplas) e , 4 rebotes, 2 recuperacións e 6 faltas recibidas. Dago Peña achegou 16 puntos, Olah 14, Christian Díaz 12 e Salva Arco 11.

O próximo compromiso será en Valladolid o vindeiro venres 25 de outubro ás 20:45 horas ante o Carramimbre.

Nota de prensa del CB Breogán