O conxunto adestrado por Adrián Seijas, fixo un partido serio e contundente dende o primeiro segundo, sobre todo cimentado nunha boa defensa, con roubos de balóns, e saídas en contraataque que deron unha clara vantaxe, dende o inicio (1º Q. 21-9). No segundo cuarto continuouse coa mesma tónica, para chegar ao descanso cunha cómoda vantaxe de 43-14.

A partir do descanso a tónica foi a mesma con canastras fáciles en contraataque e xogo colectivo para buscar as mellores opcións de anotar (3ºQ  60-19). Xa do derradeiro cuarto baixo un pouco o ritmo, dada avantaxa para deixar o marcador final en 72 a 25.

basket xiria fem_02.02.19

Traballada vitoria do conxunto sénior Feminino Vázquez y Reino Xiria que iniciaban a tarde gañando, anticipo do que veriamos máis tarde, as 18h co equipo masculino. Destacar tamén que anotaron tódalas xogadoras dispoñibles, xa que Adrián Seijas, non puido contar con Iria Sánchez, Paloma Funes e Noelia Fuentes