Toimil e Peleteiro, rumbo ao Campionato de Europa de pista cuberta

0

 

No día de hoxe dábase a coñecer a lista oficial de seleccionadas e seleccionados para tomar parte no Campionato de Europa de Pista Cuberta  onde saltaba a formidable noticia da selección de Belén Toimil quen tomará parte no concurso de lanzamento de peso e quen xunto a Ana Peleteiro en triplo, completarán a expedición galega que tomará parte nesta importante cita do 4 ao 7 de marzo na localidade polaca de Torún.

Con esta selección, faise xustiza á formidable tempada invernal que está a ter a nosa mundialista e quen recentemente melloraba a súa MMP en nada menos que en sesenta e dous centímetros chegando ata os 17.86 m. A maiores lograba recentemente o Campionato de España de pista cuberta transmitindo unhas excelentes sensacións que fan presaxiar un máis que probable Récord de España Absoluto da especialidade que está en 17.94.

Pola súa banda a plusmarquista nacional de triplo Ana Peleteiro, tamén lograba no pasado campionato de España o seu título nacional número dazaseis o que fará que acuda a cidade polaca de Torún con maior seguridade na defensa do seu título europeo que conseguira en Glasgow no ano 2019 e onde establecería a súa MMP de 14.73 m.