Nota de prensa de la Deputación de Pontevedra

  • Pontevedra ‘B’ e Pontellas xogarán a final masculina este mércores na Lomba, e Umia e Valladares disputarán o título da final feminina o 5 de xuño, no Carrasco.

As finais da Copa Deputación, ás que asistirá a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, xa están servidas tras tres meses de actividade nos que preto de 140 equipos da provincia pelexaron por chegar ao partido polo título. O récord de participación no torneo marcouse grazas á inscrición de 119 equipos masculinos e 19 femininos.

Tras a disputa das rondas previas na competición masculina, finalmente o Pontevedra C.F ‘B’ e C.D. Pontellas xogarán a final, que disputarase este mércores, 29 de maio, ás 21.00h, no Campo de Fútbol da Lomba, en Vilagarcía de Arousa.

Unha semana despois,  farán o propio en categoría feminina o Umia C.F. e o C.D. Valladares. Será o mércores 5 de xuño, tamén ás 21.00h, no Campo do Carrasco, en Marcón.

No caso da final masculina, será en Vilagarcía onde decidirase o gañador, que este ano terá novo vencedor despois de que o C.D. Choco, campión das catro últimas edicións, quedase eliminado en semifinais ante o Pontellas (2-0). Se o club porriñés é finalista como gañador da zona sur, na norte foi o filial granate, o Pontevedra C.F. o que clasificouse tras vencer 1-0 ao Marcón Atlético.

Pola súa banda, o campo de Carrasco en Marcón, Pontevedra,  será escenario da final feminina, que enfrontará ao Umia C.F. co C.D. Valladares. Ambos equipos alcanzaron a final da Copa Deputación de Pontevedra tras gañar con certa autoridade os partidos de semifinais, xogados a finais de abril.

O equipo de Ribadumia, que xa chegou á final a pasada edición, foi o que obtivo unha vitoria máis contundente, vencendo ao Viajes Interrías Fútbol Feminino por 4 a 1. Pola súa parte, o conxunto vigués derrotou por 2-1 ao Sárdoma C.F. nun partido  que xa dominaban 2-0 nos primeiros minutos da segunda metade. O campión da pasada edición, o Atlántida Matama, caeu nesta ocasión na eliminatoria de cuartos de final tras un partido moi igualado ante o Sárdoma C.F.