Terceiro triunfo consecutivo para as xogadoras do Victoria FC da 1.ª División Nacional esta vez a costa do Umia (1-3). O conxunto compostelán amarrou os tres puntos nun encontro moi disputado na primera metade pero que logrou romper na segunda, momento no que chegaron os catro tantos do partido.

O Victoria FC pasou apuros no inicio. O anfitrión chegaba con perigo ás inmediacións da área rival con contras bastante doadas como resultado en moito casos das perdas de balón do plantel santiagués que facilitaba o seu xogo directo. Pero houbo reacción e a medida que pasaron os minutos as ‘rojillas’ se fixeron co control do xogo e tiveron mais dunha oportunidade para adiantarse no marcador antes do descanso.

Na segunda metade o Victoria FC saltou ó campo mais serio en defensa, con cada perda de balón a recuperación era mais rápida e xa non deixaba sair ó Umia do seu campo. Agora as composteláns empregaban as bandas con mais profundidade e facían moitísimo dano. Así chegou o primeiro gol de Marta nun saque de córner (0-1, min. 76) .

Apenas un minuto despois chegou o segundo nunha xogada prácticamente igual pero o remate de Marta non foi á portaría e Alba recolleu o rechace para marcar o tanto da tranquilidade (0-2, min. 77). Houbo tempo para mais, pois tras un centro desde a banda esquerda Noela controlou dentro da área e cedeu atrás para que Raquel marcase un golazo pola escuadra dende fora da área (0-3, min. 84). Xa no desconto o colexiado pitou un penalti que marcaría Miriam Domínguez (1-3, min. 90).

Con este triunfo, o Victoria FC mantense na cuarta posición con 23 puntos, a dous aínda do Dépor B, o seu rival dentro de quince días en Santa Isabel nunxa xornada clave pois tamén haberá duelo entre o líder Viajes Interrías e o segundo clasificado, o CD Monte.

Nota de prensa del Victoria FC