Terceira derrota consecutiva do Celta ante o Betis (2-1)

0

FICHA TÉCNICA

Real Betis 2-1 RC Celta

Aliñación Real Betis: Joel, Emerson, Mandi, Victor Ruiz, Miranda, Guido, Canales, Fekir, Diego Lainez, Aitor Ruibal e Loren.

Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Murillo, Araújo, Aarón Martín, Tapia, Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito, Emre Mor e Santi Mina.

Goles: 0-1, min. 15 (Santi Mina). 1-1, min. 25 (Canales). 2-1, min. 44 (Canales).

Árbitro: Martínez Munuera

Campo: Estadio Benito Villamarín

ANÁLISE

Continúa a ausencia de Aspas seguen as derrotas no Celta. Aínda que, nesta ocasión ante o Betis, os de Coudet puideron merecer máis en ocasións. Adiantáronse os celestes a través de Santi Mina, pero despois Canales empatou para os verdibrancos. O mesmo Canales anotou antes do descanso o definitivo 2-1.

Emre Mor foi unha das novidades no once, e tamén un dos destacados no inicio revolucionando o ataque. Asistiu a Nolito nunca boa ocasión que saíu desviada por riba. Ata que, no minuto 15, sacou de esquina, tocou Brais e o balón chegoulle a Santi Mina que anotou dende un lateral da portería de Joel. A continuación, o Betis volveu á carga con Fekir, Canales e Lainez. Tras varias insistencias, no 25 Canales empatou o encontro. Pero, xusto antes do descanso, o mesmo Canales puxo o 2-1 cunha asistencia de Fekir.

No inicio do segundo tempo, o Celta intentou combinar para remontar o partido, pero non chegaron ocasións claras, algunhas que si tivo o Betis. Con Baeza Fran Beltrán no terreo de xogo (e sen Murillo por lesión), o ex do Real Madrid estivo a piques de marcar senón fora pola gran actuación do porteiro Joel. Despois Aarón Martín e Brais Méndez gozaron dalgunhas oportunidades para marcar, pero o Betis modificou o esquema para deter aos mellores xogadores celestes.

Despois do parón, o celtismo tiña esperanzas de conseguir unha vitoria nun dos, en principio, últimos partidos sen Aspas. Pero non puido ser e cada día que pasa queda moito máis clara a tremenda importancia do mago de Moaña no Celta. O vindeiro encontro será o domingo en Balaídos ante o Eibar, descoñecemos se con ou sen Iago Aspas. Sexa como sexa, a primeira vitoria do 2021 debe ser o obxectivo fundamental.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander