Tarde sen fortuna para o Celta ante o Sevilla (0-1)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 0-1 Sevilla CF

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Murillo, Aidoo, Javi Galán, Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito, Santi Mina e Aspas.

Aliñación Sevilla CF: Bono, Navas, Gudelj, Rekik, Augustinsson, Jordan, Fernando, Rakitic, Torres, Ocampos e Rafa Mir.

Goles: 0-1, min. 54 (Rafa Mir).

Árbitro: De Burgos Bengoetxea

Asistencia: 10.774 espectadores

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

A fortuna non estivo do lado celeste nesta tarde de domingo. A pesar de que o Celta foi dominador do partido, o Sevilla levou os tres puntos cun solitario gol de Rafa Mir. Á volta do parón, os de Coudet non conseguiron unha vitoria para quitar as malas sensacións do anterior encontro ante o Elche.

No primeiro tempo, a ocasión máis clara para o Celta foi de Denis Suárez. O de Salceda ocupou un destacado posto no medio do campo en substitución do mancado Tapia. Os locais tiveron o balón no seu poder durante a maior parte dos minutos deste período. O Sevilla só tentou aproximarse á área de Dituro xa chegando ao descanso.

Na segunda metade o Celta continuou insistindo para conseguir o gol. NolitoIago Aspas e Santi Mina foron especialmente incisivos, pero a sorte seguía sen vir e o balón non quería entrar. Con todo, no 54, Suso rematou a porta, petou en Aidoo e este desviou o esférico cara Rafa Mir, que abriu o marcador para os hispalenses. Porén, os celestes non se renderon e seguiron tentando empatar. Aspas Cervi tiveron oportunidades para marcar nos minutos finais.

Nunha tarde feliz, na que volvía o aforo completo a Balaídos e o club homenaxeou á abonada número 1 Alicia Barreiro, a vitoria marchou cara Sevilla. Este arranque de liga está a ser difícil e a continuación de bos resultados non acaba de chegar. Pero non queda outra que seguir traballando e loitar de novo no próximo partido. O Coliseum Alfonso Pérez agarda polo Celta.

highlight_image
Fotografía: LaLiga Santander