En adultos, repetiuse o mesmo podio do Campionato Galego, o cal amosa o poderío do taekwondo galego na modalidade de exhibición. Así, proclamouse campión de España o Tao Clínica Luís Vilas de Vigo, que estreou coreografía para este evento, que representaba como un deportista ten que levantarse tras unha caída.

Ademais, o Tao contou coa novidade da reincorporación á alta competición de David Meilán, sete anos despois. David foi o encargado de pechar o exercizo cunha acrobacia da máxima dificultade. O subcampionato foi para o Yidam CEIP Balaídos (tamén de Vigo), a só unha décima do primeiro, nunha moi apertada final. Ademais, o Mace Sport de Pontevedra e o Olimpic de Vilagarcía, acadando o bronce.
Na categoría cadete houbo cambio de posicións, ao lograr o Yidam, cunha execución espectacular, o título por diante do Tao, que foi segundo. A exhibición do Yidam chámase “Los guardianes de Almas” e representa a uns gardiáns que teñen que impedir que unha almas divertidas se desmadren. Durante todo o proceso da coreografía os gardiáns tratan de controlar ás almas ata que ao final conségueno.
A prata foi para o Tao, nun exercizo que representaba o traballo en equipo, mentres que os bronces foron para o Mace Sport e o Natural Sport Sada.
Desta forma viviuse en Pontevedra unha nova xornada de éxito para o taekwondo galego, cun dominio absoluto dos nosos clubs e a posibilidade de gozar deste marabilloso espectáculo na casa.