Na categoría júnior Tania Castiñeira (Hebe) segue medrando e ofrecendo grandísimos resultados. Na primeira rolda venceu a irlandesa Kelly Morán por 21-0, nun combate que non rematou ao detelo o árbitro por superioridade. No segundo gañou a Isabeau Van Droffelaar (Holanda) por 9-16, e nas semifinais superou á tamén holandesa Janneke Rob (7-13). Na final veuse as caras con María Wajzer (Polonia), unha vella coñecida, e Tania volveu a ser mellor de forma clara (11-4) para sumar así o ouro.

O cadete Anxo Díaz (Garrapucho) acadou a medalla de bronce. Venceu no primeiro combate a Iván Siroshtan (Ucraína) de forma clara (9-29) e venceu no segundo a Kacper Witek (Polonia) tamén cunha enorme superioridade (2-23). Na semifinal, caeu contra David Phelan (Irlanda) nun axustadísimo combate (0-1).

A cadete Diana Siota (Couto), que viaxaba co seu club, sumou unha medalla de bronce no peso -47 quilogramos. Diana venceu na primeira rolda a Carla Marie Fjordby Jensen (Dinamarca) con facilidade (3-19) e nos cuartos de final eliminou a Noa Preiss (Israel) por 2-0. Na semifinal non puido con Jesse De Vries (Holanda) no que perdeu por 12-5.

Tamén participaron no Open de Polonía oa sénior Iván García e Katia Calvar, ambos do Mat ́s, que non puideron loitar polas medallas.

Iván García (-87) gañou no primeiro combate ao italiano Matteo Marjanovic (7-5) e caeu nos cuartos contra Bartosz Kolecki (polonia) por 3-8. Pola súa banda, Katia Calvar (-62) perdeu en primeira rolda fronte a Milena Mazurek (Polonia) por 3-9.

Primeiro día.

No primeiro día do Open de Polonia, a selección galega logrou dous ouros, que foron para a cadete Ainhoa García (-51, Couto) e a júnior Arlet Ortiz (-52, Mat ́s). Na clasificación por equipos, a Federación Galega de Taekwondo rematou na cuarta posición na categoría cadete, na júnior e na absoluta.