Talleres ABC Vigo FS – SD Pazos de Borbén (3-5) || O Pazos campión da Copa Galicia de Teceira

O SD Pazos de Borbén proclamouse campión da Copa RFGF da 3ª División masculina de fútbol sala logo de impoñerse na final ó Talleres ABC Vigo FS por 5-3.

0
Ficha Técnica
Talleres ABC Vigo FS: Javi, Naveira, Bruno, Pablo Parra, Oliver -equipo inicial- Alex, Prado, Gustavo, Pablo, Martín e Camilo.

SD Pazos de Borbén: David, Jose, Pablo, Jonathan, Luis -equipo inicial- Carlos, Sergio, Eloy, Aarón, Alexis, Borja e Martín.

Goles: 0-1 Jonathan (6′); 0-2 Pablo (14′); 1-2 Pablo (24′); 2-2 Camilo (27′); 2-3 Pablo (29′); 2-4 Luis (30′); 2-5 Borja (32′); 3-5 Naveira (38′).

Árbitros: Corral Martínez e Darriba Villamor, con Fernández Lorido de asistente. Expulsaron a Gustavo polo Talleres ABC e a Sergio polo Pazos.

Pavillón: Coto Ferreiro da Estrada.

O Pazos conquistou unha copa que se disputou durante o fin de semana no pavillón Coto Ferreiro da Estrada gracias á colaboración do Concello da Estrada e do club local, o Estrada Futsal.

O Talleres ABC de Vigo clasificouse para a final logo de gañarlle ó defensor do título, o Sala Ourense, nunha emocionante primeira semifinal. Na segunda semifinal o Pazos foi quen de eliminar ó anfitrión, o Estrada Futsal, a quen derrotou por 3-1.

FINAL

A final tivo moitas alternativas. Jonathan adiantou ó Pazos finalizando unha boa contra no minuto 6. O Pazos levou a iniciativa na primeira parte, pero os vigueses tamén tiveron as súas opcións. No minuto 14 quedou en inferioridade o Talleres ABC ao ver Gustavo o segundo cartón amarelo e a superioridade aproveitano o equipo de Pazos de Borbén para facer o segundo nun certeiro disparo de Pablo. Con ese 0-2 chegouse ó intermedio.

Talleres ABC Vigo FS

Na segunda parte reaccionaron os vigueses e conseguiron igualar o partido, primeiro cun gol á contra e logo aproveitando tamén unha superioridade numérica tras ser expulsado Sergio.

Comezaba un partido novo, pero a reacción de Pazos foi de equipo gañador, con carácter e personalidade. En só tres minutos sentenciou a final con tres goles. Tentouno o conxunto vigués xogando de cinco e foi capaz de marcar un terceiro tanto, obra dun dos mellores do encontro, Naveira, pero a remontada foi imposible e o Pazos recuperaba o trono perdido o ano pasado en esta competición.

O alcalde da Estrada, José López, e o presidente da RFGF, Rafael Louzán, entregáronlle as copas de subcampión e campión ós dous equipos.

Parabéns a todos e moitas gracias ó Concello da Estrada e ó Estrada Futsal pola súa extraordinaria colaboración e organización da fase final.

Futgal