- Arlet Ortiz pasou a primeira rolda con facilidade, pero caeu no segundo combate ante unha letona.
- Pola súa banda, Sara Cortegoso perdeu en primeira rolda ante a británica Maddison Moore.
A Coruña, 11 de decembro de 2020. Rematou o Europeo Sénior de pesos Olímpicos, que significou o regreso da competición internacional despois de case nove meses de parón pola COVID-19. No día de hoxe competían as galegas Arlet Ortiz e Sara Cortegoso.
En -57 quilogramos Arlet Ortiz superou a primeira rolda e caeu nos oitavos de final nun axustadísimo combate.
Pola súa banda, Sara Cortegoso (-49) non tivo sorte no sorteo e tocoulle en primeira rolda a británica Maddison Moore, coa que perdeu. Desta forma pechouse a participación dos nosos galegos no Europeo de Sarajevo.
Arlet comezou moi ben a súa competición, cun triunfo moi contundente ante a deportista de Lituania, Auguste Kvedaraite, de diferencia de 20 puntos. Na seguinte rolda, a rival foi a taekwondista de Letonia, Inese Tarvida, medalla de bronce no Mundial absoluto de 2019. A galega pelexou moi duro pero non puido evitar a vitoria de Tarvida.
Pola súa banda, Sara Cortegoso cruzouse na primeira rolda coa británica Maddison Moore, unha deportista veterana con experiencia internacional. A galega, a pesar de atoparse ben no aspecto físico, cometeu algúns erros que permitiron a británica escaparse no marcador e despois houbo que arriscar para intentar recurtar distancias, sen éxito. Finalmente, Moore logrou a medalla de bronce no Europeo.
A pesar de non poder loitar polas medallas, tanto Arlet como Sara estaban moi satisfeitas polo regreso á competición e con gañas de volver a casa para corrixir erros e seguir traballando para mellorar.