Taekwondo | Oito medallas galegas no Campionato de España de Técnica

A selección galega de técnica (nas modalidades individuais) acadou un total de oito medallas (un ouro, catro pratas e tres bronces) no Campionato de España de Técnica, que se celebrou en Alacante.

0
Así na categoría cadete os catro representantes galegos lograron unha medalla. Na categoría masculina, bronces para Daniel Areán (Neka) e Alejandro Fernández (Escola Lucense), mentres que na feminina, Laura Álvarez (Neka) logrou a prata e Yaiza Velo (Natural Sada) foi bronce.
En júnior masculino chegou o único ouro galego, da man de Tom Fernández (Kiap), quen tivo unha grande actuación para garantir o seu título de campión de España.
Dúas pratas para Galicia en sénior 1. Raquel Guillén (Tao) logrou a segunda posición no podio na categoría feminina e Alejandro Losada García (Tao) tamén foi segundo na masculina.
E rematamos a colleita de medallas galegas co subcampionato de España de Vanesa Ortega (Hebe) en sénior 2 feminino, que como sempre, está entre as mellores.