Taekwondo| Galicia ten a 16 deportistas clasificados para o Mundial de Perú

0

 

[alert type=»success»]
  • No campionato de España de freestyle, Galicia logrou o título de campioa de España
  • No torneo adulto, a selección galega logrou 13 medallas e 5 na categoría infantil.
[/alert]

 

Os clasificados para o Mundial son: Samuel Meilan (sénior 2); Nerea Alamancos e Alejandro Losada (parella 1); en trío cadete masculino (Manuel Paz, Álvaro Portela e Daniel Redondo); Iago Pita (freestyle – 17); quinteto – 17 (Ángel Lopez, Sarai Pazos, Ana Isabel Pita, Adrián Ventin e Iago Pita); quinteto +18 (Nerea Alamancos, Anxo Costa, Ingrid Gomez, Alejandro Losada e Manuel Rodríguez); Andrea Vilas e Samuel Alves (parella free – 17)

 

Campionato de España de técnica adulto. A selección galega logrou un total de 13 medallas (3 ouros, 2 pratas e 8 bronces) no Campionato de España de Técnica adulto, que se celebrou onte en Marina D ́Or.

 

  • Os ouros foron para Samuel Meilán (sénior 2); a parella 1 formada por Nerea Alamancos e Alejandro Losada e o trío cadete masculino (Manuel Paz, Álvaro Portela e Daniel Redondo).

 

  • As dúas pratas foron para Mercedes Romero (máster 1) e o trío júnior masculino formado por Iago Davila, Samuel Alves e Jorge Posada.

 

Ademais houbo 8 bronces: Ana Villar (cadete); parella cadete (Manuel Paz e Bárbara Di-Martino); Carlos Rey (júnior); Han Seung Shin (máster 1); Emilio Del Fin Marino (máster 4); trío júnior masculino (Carlos Rey, Alejandro Losada e José Roca); trío 2 feminino (Noelia Pérez, Tatiana Rivas, Mercedes Romero) e trío júnior feminino (Celia García, Raquel Losada e Fátima Rodríguez).

Infantil: Na categoría infantil, Galicia acadou un total de cinco medallas (dúas pratas e tres bronces). Álvaro Gutiérrez logrou o subcampionato na categoría benxamín, mentres que Lucía Penín foi a segunda clasificada en cadete. Os tres bronces foron para Cristian Vieitez (benxamín masculino), Laura Álvarez (benxamín feminino) e Iago Fraga (alevín masculino).

 

Freestyle: Galicia logrou proclamarse campioa de España en freestyle cun total de dez medallas (5 ouros, 2 prata e 3 bronces).

 

En individual – de 17 anos, Iago Pita é o campión de España, mentres que Ángel López foi prata e Adrián Ventín, bronce. Na categoría feminina, prata para Celia García. En parella -17 anos, Andrea Vilas e Samuel Alves lograron a medalla de ouro, e no podio tamén estiveron Diego Rodríguez e Ana Isabel Pita (bronce). En individual + de 18 anos, ouro para Ingrid Gómez e bronce para Anxo Costa.

 

 

 

E xa para rematar, éxito dos quintetos con dous ouros: Quinteto -17 anos (Ángel López, Iago Pita, Adrian Ventín, Sarai Pazos e Ana Isabel Pita) e quinteto + de 18 (Alejandro Losada, Manuel Rodríguez, Anxo Costa, Ingrid Gómez e Nerea Alamancos).