A Coruña, 10 de marzo de 2019. Rematou o Campionato de España de Técnica e Freestyle de Alacante da mellor maneira posible para a Federación Galega de Taekwondo. Galicia logrou hoxe o título de campioa de España por equipos en freestyle e o segundo posto en técnica (trala suma dos resultados de onte e hoxe).

Na xornada do domingo houbo unha choiva de medallas para as e os nosos deportistas: En total 16 en técnica (3 ouros, 6 pratas e 7 bronces), ademais de participación noutras (con membros doutras federacións) e 18 en freestyle (7 ouros, 6 pratas e 5 bronces).

 

Técnica

Se o sábado houbo oito medallas para Galicia nas probas individuais, hoxe aínda máis. E así, ocupamos o segundo posto na clasificación por equipos en poomsaes.

En parella cadete tivemos medallas. Alejandro Fernández (Escola Lucense) logrou o ouro competindo pola RFET xunto a Carolina Escolar, de Madrid. Ademais, Daniel Arean e Laura Álvarez (Neka) foron bronce.

En trío cadete, ouro para o trío masculino formado por Manu Paz Albores, Rubén Galdo e Francisco Ramos (Natural Sada),mentres que o trío feminino de Talia Yu, Irea Abuin e Yaiza Velo(Natural Sada) foi bronce.

En parella júnior, prata para Álvaro Portela e Barbara Di Martino(Hebe), mentres que Gabriele Santomé e Zaida Velo foron bronce. En trío júnior masculino, ouro para o conxunto formado por Manuel Paz, Álvaro Portela e Gabriele Santomé (Hebe); e bronce feminino para María Ferreiro, Ainhoa García e Fátima Martínez(Couto).

En parella 1 houbo dobrete, con dúas parellas galegas dominando.Alejandro Losada García e Raquel Guillén (Tao) logrou o título de campións de España, por diante da parella do Neka, formada porAlejandro Losada Rodríguez e Elena Varela, que foi prata. Ademais, en trío 1 masculino Samuel Alves, Allan Guagua e Marcos Silva foron prata e Raquel Losada, Laura Vázquez e Fátima Rodríguez, bronce feminino. Ademais, unha parte de ouro de trío 1 feminino foi galego, xa que Celia García (Tao), competía con dúas compañeiras da selección española. Pola súa banda, o trío 2 formado por Sonia Pérez, Vanesa Ortega e Noelia Pérez (Hebe) lograron a medalla de prata.

A recollida de medallas en técnica rematou cos máis maiores. En máster 1, Sonia Pérez foi prata, mentres que Seung Han Shin Jang (Han ́s Horang-I) foi bronce. En máster 2, prata paraEsperanza Fernández (Couto) e bronce para Sandra Gardini(Yidam).

 

Freestyle

O dominio en freestyle foi colosal e houbo podios totalmente galegos, o que levou a Galicia ao máis alto do podio na clasificación xeral por equipos e cunha enorme diferenza.

En individual – 17 feminino, tivemos podio galego ao 100%. Mara Cid (Yidam) logrou o ouro, con Bárbara Di-Martino coa prata eIrea Abuín (Natural Sada) e Lucía Costas (Yidam), no terceiro chanzo do podio. Na categoría masculino, tres medallas: Ouro paraManuel Paz; prata para Tomás Fernández (Kiap) e bronce, paraRubén Galdo. Ademais, en parella -17 anos, Manuel Paz e Bárbara Di Martino lograron o título de campións de España.

En + de 18 anos, na proba individual, novamente dominio absoluto galego. Na categoría masculina, venceu Ángel López (Mace Sport); con prata para Miguel Barreiro (Yidam) e bronce para Samuel Alves (Tao). Na proba feminina, o triunfo foi para Eirim Vaamonde(Yidam) e a prata para Celia García (Tao).

En parella máis de 18; triunfo para o dueto formado por Miguel Barreiro e Sophie González (Yidam), con Laura Vázquez e Marcos Silva (Tao) na segunda posición.

E rematamos cos quintetos, nos que dominou o formado polo Tao (Samuel Alves, Laura Vázquez, Alejandro Losada, Celia García e Marcos Silva), que logrou o ouro; co equipo máis novo do Tao -Uriel Pereira, Joaquín Fernández, Sergio Moscoso, Andrea Moscoso e Maria Jesús Peteiro- na segunda posición e o conxunto do Natural Sada (Yaiza Velo, Zaida Velo, Irea Abuin, Rubén Galdo e Francisco Ramos) foi bronce.