Taekwondo/ Esta fin de semana celébranse o Open e a Copa de España en Benidorm

O Open de España celebrarase este ano só na categoría absoluta, por decisión da Federación Mundial. A Copa será a proba dos deportistas da categoría cadete e júnior, que será puntuable para o ránking nacional.

0

A Coruña, 15 de abril de 2021. Fin de semana con intensa actividade para a Federación Galega de Taekwondo. Tres días intensos, nos que os nosos deportistas da categoría cadete e júnior competirán na Copa de España, mentres que os da categoría sénior disputará o Open de España (G-1). Ambos eventos celebraranse na localidade de Benidorm a partir de mañá e a Federación Galega despraza a máis de 130 persoas, entre técnicos/as, deportistas e árbitros/as. Todos os integrantes da selección galega pasaron un test de antíxenos antes de saír de Galicia e outro na súa chegada.

Os cadetes, que xa están en Benidorm e realizaron a pesada, serán os primeiros en participar. Mañá venres realizaráse a competición cadete e o sábado, será a júnior. Este ano, a competición destas categorías non forman parte do Open de España, xa que a Federación Internacional decidiu que no Open só se celebraría a competición sénior, polo que se creou a Copa para que os e as deportistas destas categorías poidan participar. Esta proba é puntuable para o ránking nacional.

Así, o domingo celebrarase o Open de España absoluto, proba da categoría G-1 e polo tanto puntuable para o ránking mundial, así que outra importante pedra de toque para as e os nosos deportistas nesta volta a actividade despois de tantos meses de parón pola pandemia da COVID-19.