Tal e como estaba previsto o frío e a choiva foron protagonistas no Mundial de Paratríatlon, provocando un retraso de máis de unha hora na saída. Pero nada ía poder coas gañas de Susana Rodríguez e a súa guía Mabel Gallardo.

Así fixeron unha grandísima natación, saíndo na terceira posición por detrás de Canadá e Italia (que tiñan compensación por ser B1). Así saíron a facer o segmento do ciclismo coas australianas e as inglesas. Susana e Mabel fixeron a primeira volta da bicicleta xunto a campioa olimpica Katie Kelly, pero pouco a pouco se lle foron escapando, mentres que por detrás, Melissa Reid ía perdendo forza e quedaba relegada á terceira posición.

Así, as nosas preferiron non arriscar, dadas as condicións meteorolóxica e o perigoso que estaba o circuíto. Na carreira a pe, estiveron espectaculares, mantendo as distancias coas primeiras e logrando mellores parciais que todas as que ían por detrás. Desta forma, o ouro foi para Katie Kelly (01:13:48), prata para Susana Rodríguez (01:15:02) e o bronce foi para Melissa Reid (01:17:05).