Nesta proba Susana foi moi superior. A italiana Anna Barbaro (B1) saíu en cabeza da auga grazas a compensación que ten por ser B1 (3:42). Aínda así, a viguesa xa logrou recuperar dous dos minutos que tiña de vantaxe.
Mentres, a americana Elizabeth Baker, que a priori era a rival máis forte, estaba a só 15 segundos. Pero hoxe o tandem Susana-Paula funcionou ás mil marabillas tanto nas transicións coma na bicicleta e o segmento da carreira a pe foi prácticamente un trámite, xa que tiña o ouro case totalmente asegurado. So un incidente podería privarlles da vitoria, e non sucedeu.
Desta forma o ouro foi para Susana Rodríguez cun tempo de 01:08:15, na segunda posición chegou Elizabeth Baker (01:11:05) e o bronce foi para Anna Barbaro (01:15:42).
Declaraciones de Susana Rodríguez