FICHA TÉCNICA
RC Celta 2-0 Deportivo Alavés
Aliñación RC Celta: Rubén, Lucas Olaza, Araújo, Murillo, Hugo Mallo, Tapia, Brais Méndez, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito e Iago Aspas.
Aliñación Deportivo Alavés: Pacheco, Ximo Navarro, Ely, Lejeune, Duarte, Jota Peleteiro, Battaglia, Tomás Pina, Luis Rioja, Lucas Pérez e Joselu.
Goles: 1-0, min. 18 (Brais Méndez). 2-0, min. 79 (Brais Méndez).
Árbitro: Alberola Rojas
Campo: Estadio Municipal de Balaídos
ANÁLISE
Ante o Alavés, o Celta suma a cuarta vitoria seguida. Un enorme logro que non se acadaba dende hai seis anos, na tempada de Luis Enrique como adestrador celeste. Agora co Chacho Coudet o Celta é un equipo solvente que saca a mellor versión dos seus futbolistas. É o caso de Brais Méndez, que leva 3 goles en 2 partidos e hoxe fixo un doblete.
No inicio do partido os visitantes comezaron con enerxía e Joselu puxo a proba a defensa celeste. O Celta ía tendo ocasións a medida que diminuían as do Alavés. Ata que Brais, no minuto 18, puxo o primeiro tanto no marcador tras un centro de Lucas Olaza. Aínda así, despois houbo máis ocasións de Iago Aspas e Nolito. O moañés perdoou e o disparo do sanluqueño foi salvado polo Alavés.
No segundo tempo, volveron atacando os de Machín e Brais tivo outra ocasión ó comezo. O Alavés replegou ó Celta, pero Rubén foi quen de deter varias acometidas de Joselu. Os celestes sufrían e sufrían ata que, no 79, Brais marcou o segundo para os vigueses e na súa conta particular. Aspas asistiulle, realizando outro gran partido como nos últimos tempos.
Desta forma o Celta colócase oitavo na táboa, con dezanove puntos. Agora temos por diante os partidos de Nadal, o primeiro deles ante o Getafe na véspera de Noiteboa. Hai que rematar o ano con bo pé despois de todo o sufrimento da pasada tempada. Se consegue manter o nivel, este Celta promete.
Fotografía: La Liga Santander