
-
As inscricións están dispoñibles Championchip.
Ourense, 22 de febreiro de 2019 “Somos libres para correr e debemos reivindicar precisamente a nosa liberdade, o noso dereito a correr, como a nosa liberdade para vivir en plenitude, e exercer os nosos dereitos, a vivir en equidade, sen ningún tipo de discriminación por motivos de xénero ou condición”, aseguraba Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, na presentación da proba. “Saír a correr, ben por afección ao deporte ou ben como unha oportunidade de expresar o compromiso de cantas persoas viven nunha cidade que cre na igualdade e que quere seguir avanzando na corrección das desigualdades”, dixo.

O nome da carreira recolle o nome acuñado polo grupo de corredoras do club BOX001 – RunManiak no acto público de repulsa polo asasinato de Laura Luelmo, e que congregou de xeito espontáneo a centos de corredoras e corredores da cidade reclamando non ter medo á hora de facer deporte. É, polo tanto, unha convocatoria aberta para todas as persoas ás que lles apaixona correr e facer deporte nos nosos espazos naturais.
O percorrido, que “convida á participación”, en palabras do rexedor, percorrerá o centro da cidade polas seguintes rúas: Avda. Pontevedra, Desengano, Praza de Abastos, Paseo do Barbaña, Portocarreiro, Pardo de Cela, Paseo do Barbaña, Portocarreiro, Pura e Dora, Carriarico, Burgas, Bailén Colón, 2 de maio, Xullo Prieto Nespereira, Praza de San Cosme, Hernán Cortés, Praza do Trigo, Cardeal Cisneros, Fornos, Praza do Ferro, Sto. Domingo, Bedoya, Paseo, Lamas Carvajal e chegada á Praza Maior onde estará tamén a zona de avituallamentos.
As inscricións están dispoñibles Championchip.