A Selección Galega acadou no día de onte a sexta posición no Campionato de España de Federacións Autonómicas que se disputou no Estadio de atletismo de Larrabide de Pamplona.

Segundo  o Presidente Isidoro Hornillos “Estamos tremendamente satisfeitos e orguiosos tanto da actuación dos nosos/as atletas como co seu compromiso e entrega durante o torneo”, preguntado polas valoracións que fai do sexto posto acadado polo combinado galego e logo de amosar novamente a súa satisfación sinalaría que “ … en termos demográficos e de investimentos podemos decir que ocupamos a posición que nos corresponde tendo en conta que diante de nós sitúanse federacións moi fortes. Malia elo, contamos cun atletismo moi competitivo que pode plantar cara a calquer selección”

Por parte das actuacións galegas destacarían os triunfos do olímpico Jean Marie Okutu en lonxitude quen saltaría ata os 7.62 m. Da mesma maneira a internacional monfortina Saleta Fernández faría bos os pronósticos vencendo cun excelente rexistro no concurso de altura onde saltaría ata os 1.85 m.

O plusmarquista galego da velocidade Mauro Triana estaría na zona de podio no terceiro lugar tanto nos 100 m. con 10.69 como na dos 200 m. con 21.39. Novamente o pentaolimpico Frank Casañascumpliría á perfección nas súas probas sendo segundo en disco con 56.30 m. e sétimo en peso con 15.34 m.

A nosa campioa de España de pista cuberta en lonxitude Leticia Gil iría ata os 5.96 m. para conseguir unha boa terceira posición. Sen lugar a dúbidas unha das actuacións máis agardadas era a reaparición de Belén Toimil quen pouco a pouco vai superando os seus problemas físicos que a mantiveron apartada das pistas. A mundialista lanzaría en peso ata os 15.60 m. ocupando finalmente un notorio segundo lugar e puntuando na proba de disco onde sería décima con 35.75 m.

Outra das mundialistas galegas que estarían en Pamplona sería Solange Pereira, cuxa actuación na proba dos 1.500 m. daría á selección un valioso segundo lugar logo de invertir un tempo oficial de 4:25.57.

Mención especial merece a ausencia por compromisos ineludibles do “gran capitán” Victor Gallego,quen logo de 15 anos de presencia ininterrumpida mandaría e desexaría a través das redes sociais toda a sorte do mundo ós seus compañeiros/as de equipo

O resto de actuacións dos nosos/as representantes quedaría da seguinte maneira:

  • Cuartas postos para: Tariku Novales nos 5.000 m.;Paula Iglesias nos 400 m. e Gonzalo Basconcelo nos 3.000 obstáculos.
  • Quintos postos: Carmen Sánchez e Manolo Uriz en xavelina; Esther Navarrete nos 3.000 m. e Ruth Marie Ndoumbe en triplo.
  • Sextos postos: Carlos Revuelta en martelo; Alexandre Barreiro en triplo e Raquel Meaños nos 800 m.
  • Sétimos  postos: Dani Chamosa e Mar Chillón en 5.000 marcha; Claudia Rojo nos 400 valos; Raúl Cortizo en altura e Elian Numa López nos 800 m.
  • Oitavos postos: Bea Viteri e Miguel Cajaraville en pértega; Adi Iglesias nos 200 m. e Sofía Fernández nos 3.000 obstáculos.
  • Novenos postos: Uxía Pérez nos 5.000 m. e relevo 4×400 mixto (David Abalde/Paula Ferreiros/Paula Iglesias/Pedro Juncal)
  • Décimos postos: Miguel Pérez e Antía Martínez nos valos; Pedro Juncal nos 400 m. e relevos 4×100 mixto (Javi García/Javi Cancela/Xiana González/Claudia Torres)
  • Décimo primeiros postos:  Patricia Correa en martelo e Adi Iglesias nos 100 m.
  • Décimo segundos postos: Iago Núñez nos 400 valos e Carlos Porto nos 3.000 m.
  • Décimo cuartos postos: Ivo Maseda nos 1.500 m.

Resultados