Sexta vitoria consecutiva da UD Ourense feminina (0-3)

0

 

[alert type=»danger»]

SD Xuventú Aguiño: Alba, Ana, Carla (Yaiza 62′), Montse, Carmen, Marina, Alejandra, Nayara, Helena, Wu, Lara

UD Ourense: Noe, Maria, Andrea, Pacy, Lo, Moni, Dana, Aida (Ches 54′), Laura, Hele, Zaira (Aldara 63′)

Goles: 0-1 Laura min 14, 0-2 Hele min 16, 0-3 Hele min 71.

Árbitro: Adrian Alonso Bermudez. Cartons amarelos nas locais a Alejandra (44′) e Carmen (44′).

Incidencias: partido correspondente a 24ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo da Tasca en Aguiño

[/alert]

 

Partido sen moito ritmo o do domingo. Moitas imprecisións e xogo lento típico dos partidos disputados sen moita tensión. A primeira ocasión sería nun saque dende o curruncho de Hele, no que se reclamou que o lanzamento directo entrou cando o despexou a gardarredes local. Acto seguido virían os dous goles visitantes de xeito case consecutivo.

No primeiro, rouba un balón Dana e o seu pase e rematado a gol por Laura (min 14), e no segundo de novo pase de Dana e Hele marca por riba da porteira dende fora do área (min 16). Tería unha ocasión moi clara Laura minutos despois, pero o seu tiro dentro do área marchou preto do poste. As locais so se achegaron polo campo das ourensanistas cun par de faltas botadas dende medio campo.

Na segunda metade as locais estiráronse un pouco máis nos primeiros minutos tentando marcar un gol que as metera no partido, que se traduciu nun par de tiros lonxanos sen moito perigo para Noe. As esperanzas locais esvaeceronse no minuto 71 cando Hele marcou o terceiro das visitantes. Pouca mais historia tivo o partido salvo un tiro de Laura dende fora do área que tras petar no longueiro botou na liña.

Vitoria para as rapazas da UD Ourense que lles permite afianzarse na cuarta praza. O seguinte partido sera o vindeiro domingo no Monte da Aira ante o Umia.