Sénior masculino. Barbanza Clínica Mares R.C. 13 – Pontevedra RC 36

    0
    O Pontevedra Rugby ascende o segundo posto. A visita a Barbanza saldouse cun triunfo traballado con punto bonus e un Pontevedra Rugby que desperta este luns segundo na clasificación.
    A primeira metade con moitas rotacións no quince inicial e un Barbanza moi serio, organizado e agresivo, rematou cun igualado marcador que non empezou a decantarse o favor do equipo pontevedrés ata ven entrada a segunda metade.
    Temos que destacar a mellora e bo traballo do equipo local.
    O Pontevedra Rugby ten agora a oportunidade de consolidar ese segundo posto fronte Ós Ingleses de Vilagarcía este sábado en Monteporreiro.
    Un derby das rías baixas que chega con só dous puntos de diferencia na clasificación en plena pelexa por entrar en play off polo título
    Foto: Facebook Pontevedra Rugby club