FICHA TÉCNICA

CA Osasuna 2-0 RC Celta

Aliñación CA Osasuna: Herrera, David García, Roncaglia, Íñigo Pérez, Unai García, Oier, Kike Barja, Lucas Torró, Rubén García, Enric Gallego e Calleri.

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Murillo, Aidoo, Lucas Olaza, Tapia, Okay, Denis Suárez, Baeza, Nolito e Iago Aspas.

Goles: 1-0, min. 23 (Roncaglia). 2-0, min. 76 (Calleri).

Árbitro: De Burgos Bengoetxea

Campo: Estadio Municipal de El Sadar

ANÁLISE

O Celta sofre a súa segunda derrota consecutiva, caendo de forma clara ante o Osasuna. Case non xera ocasións e as boas sensacións do inicio parece que se evaporaron. Roncaglia marcou un golazo pola escuadra no primeiro tempo e Calleri sentenciou no segundo.

Con pouco descanso dende o anterior partido contra o Barça, case o mesmo equipo saltou ao terreo de xogo do Sadar. Mentres que os locais contaban cunha semana de descanso tras non xogar o anterior encontro ante o Granada. O Osasuna dominaba e o ex céltico Roncaglia, non acostumado a marcar goles, anotou un de gran calidade sen que Villar puidera detelo. Nos seguintes minutos notouse a man do omnipresente Aspas e o Celta comezou a ter o balón, pero sen tampouco xerar moito perigo.

Na segunda metade os celestes sairon cunha efímera enerxía que só durou para que Nolito realizara un lanzamento. Os navarros volveron á carga con trocos e ocasións. Tras varios remates anteriores, Calleri (a pase de Roncaglia) anotou o segundo para o Osasuna. Antes do final, aínda puideron ampliar máis a ventaxa por medio de Jony.

A boa noticia do partido foi un novo logro de Hugo Mallo: xa o xogador do Celta con máis partidos en Primeira División (236), superando a Mostovoi. Agora o equipo vigués ten dúas semanas de descanso, debido ao parón de seleccións, para reflexionar. Tamén a directiva, porque queda moi pouco tempo de mercado e as sensacións non son boas. Non se pode estar á deriva e sufrindo ata o último treito da liga. O Celta é máis ca iso.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander