Sárdoma B 1-3 UD Ourense || Victoria das ourensanistas no estreno da competición

0

Ficha Técnica

Sárdoma B: Sarai, Rita, Sandra, Sara (Lola 66’), Paula, Natalia (Sara 46′), Iria,Maria, Noelia (Jimena 46’), Ildara (Carolina 54′), Ana (Ana Lorenzo 66’).

UD Ourense: Paula, Celia (Aida 40’), Maria, Pacy, Lo, Moni, Dana, Hele (Nerea 69’), Jani, Laura, Cris (Zaira 76’)

Goles: 0-1 Dana min 4, 0-2 Pacy min 34, 1-2 Lola min 72, 1-3 Moni min 84.

Árbitro: Javier Figueiredo Comesaña. Cartons amarelos a Paula (80’) e Sandra (84’) nas locais e a Moni (32’), Jani (67’) e Dana (70’) nas visitantes

Incidencias: partido correspondente a 1ª xornada da Liga de disputada no campo de as Relfas (Sárdoma)

A primeira metade foi de claro cor visitante. Sairon as ourensanistas moi metidas no encontro e nos primeiros minutos do partido xa se adiantaron cun fermoso gol de Dana de vaselina tras recibir un pase de Lo. As locais practicamente non pasaron do medio campo salvo cando facian algun despexe en longo que caia ou na porteira ou na defensa visitante. Dous tiros ao longueiro mandaron as ourensans por medio de Cris e Dana nesta metade.

O goteo de chegadas ao area local era constante e so o acerto da porteira ou a falta de acerto das rapazas da UD Ourense impediron que o marcador fora mais amplio. O 0-2 chegou no enesimo corner lanzado polas visitantes, rematado de cabeza por Pacy. Era o minuto 34. O unico pero deste periodo foi a lesion da debutante Celia, unha escordadura de nocello, que fixo que tivera que abandoar o campo.

Na segunda metade trocou a decoracion. As ourensanistas baixaron o ritmo e non chegaron tanto a meta contraria, ao tempo que as locais comezaron a aparecer timidamente polo campo das visitantes. Estivo a piques de marcar Laura pero voltouse a topar co pao longueiro. Tivo outra moi clara Aida tras roubar un balon a unha defensa, pero enredouse con todo ao favor para marcar.

No ecuador da segunda metade chegou o primeiro tiro das visitantes tras unha perda de balon das ourensanistas en campo propio que produciu un tiro lonxano ao que respondeu cunha dobre intervencion Paula. Noutra perda de balon visitante produciuse un corner a favor das locais que se traduciu no 1-2 no minuto 72. Isto fixo despertar as rapazas da UD Ourense, retomando o control do partido e, tras un par de ocasions erradas, chegou o gol de Moni. Foi tras un pase de Dana ,que recolle ao borde do area, regatea a porteira e empuxa o balon as redes.

Primeira victoria do ano no primeiro partido. O vindeiro domingo estrea na casa no campo Miguel Angel contra o Tordoia