O Vilalba F.S. conseguíu a segunda vitoria consecutiva da tempada, ao gañar 3-5 ao Santiago Futsal B, na terceira xornada da Terceira División.

Ficha Técnica
Santiago Futsal B: Felipe, Alberto, Macía, Miguel e Pablo, -cinco inicial-, Rafael, Seijas, Iago, Juan e Yago.

Vilalba F.S.: Yago, Jose López, Rubén Mouriz, Roi e Fran Pastor, -cinco inicial-, Asier, Martín, Paulo, Freire, Nuno e Areñas.

Goles: 0-1 min. 12 Freire, 1-1 min. 19 Rafael, 1-2 min. 20 Paulo, 1-3 min. 24 Jose López, 1-4 min. 26 Asier, 2-4 min. 33 Pablo, 3-4 min. 39 Pablo, 3-5 min. 40 Asier.

Árbitros: Marcos Pérez Rodríguez, Borja Pérez Muñiz e Francisco Sal de Rellán Guerra. Amoestaron con amarela a Miguel e Macía no Santiago. Jose López foi expulsado por dobre cartón no Vilalba.

PARTIDO DE TERCERA DIVISI”N DE F⁄TBOL SALA ENTRE EL VILALBA Y EL SUPERTI A PONTENOVA. RESULTADO 3-2

Os vilalbeses adiantaríanse no ecuador da primeira metade, máis os locais igualarían o marcador antes do descanso.

Á volta dos vestiarios dous goles de Paulo e Jose López, darían tranquilidade aos visitantes. O filial do Santiago sacaría o cinco para catro e no minuto 26 Asier faría o 1 a 4. A falta de sete minutos o Santiago marcaría o 2 a 4. José López sería expulsado por dobre cartón, mais os locais non aproveitarían a superioridade numérica. Faltando 36 segundos o Santiago faría o 3 a 4. Asier co tempo case cumprido marcaría o definitivo 3 a 5.

Na vindeira xornada o Vilalba recibe ao 5 Coruña.

Fotos: María Roca

Comentarios