Santi Mina dálle a vitoria ó Celta ante o Elche (3-1)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 3-1 Elche CF:

Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Murillo, Araújo, Aarón Martín, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Aliñación Elche CF: Edgar Badía, Mojica, Diego González, Marcone, Verdú, Guti, Josan, Rigoni, Cifuentes, Boyé e Carrillo.

Goles: 1-0, min. 45 (Santi Mina). 2-0, min. 47 (Brais Méndez). 2-1, min. 50 (Rigoni). 3-1, min. 68 (Santi Mina).

Árbitro: De Burgos Bengoetxea

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta conseguiu a súa primeira vitoria de 2021 nun encontro que soubo resolver e sobrepoñerse ás dificultades. A pesar de que o Elche estaba creando perigo no primeiro tempo, xusto antes do descanso Santi Mina e Brais Méndez anotaron dous goles que desnivelaban o partido a favor dos celestes. Con todo, ó comezo da segunda metade Rigoni puxo o 2-1. Pero Santi Mina finiquitou o encontro co terceiro gol.

Nos primeiros compases, os ilicitanos comezaron ben, presionando ós vigueses que sufriron por momentos. O ex-celeste Lucas Boyé e Raúl Guti tiveron oportunidades de marcar. A primeira ocasión destacada do Celta foi de Nolito, que deteu Badía. Máis tarde, Mina aprobeitou varios erros do Elche para crear unha situación de perigo que lle cedeu a Aspas no último momento e o moañés non conseguiu acertar. Aínda que, no 44, Santi Mina aprendeu do erro anterior e marcou o primeiro gol tras un centro de Nolito. Case sen tempo para que o Elche se recompuxera, o gaditano volveu asistir para tanto, esta vez a Brais Méndez, que puxo o 2-0.

Na segunda metade, os visitantes saíron coa intención de remontar, e no minuto 50 Rigoni materializou no 2-1 un erro de Rubén Blanco. Pero no 68, Mina marcou o terceiro gol definitivo, o segundo na súa conta particular. Estivo asistido por Solari, que substituíu a Nolito no terreo de xogo. Os outros trocos no Celta foron Fran Beltrán por Santi Mina, Ferreyra por Brais Méndez, Baeza por Denis Suárez e Aidoo por Aspas.

Estes tres puntos conseguidos polos de Coudet son importantes para afastarse do descenso. Hai erros que mellorar, pero este equipo amosou que con traballo pódese conseguir. O vindeiro partido é o próximo sábado ante o Valencia, onde non poderemos contar con Iago Aspas e Santi Mina por acumulación de tarxetas. Poida que Solari teña a súa oportunidade no once inicial. Sexa como for, outros puntos valiosos agardan ó noso Celta.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander