O club comunicoullo ao xogador, que precisará de un período de recuperación para volver ao traballo

Tralas probas realizadas aos xogadores que se atopan en Lugo, os servizos médicos comunicaron que o xogador Sandi Marcius non se atopa en condicións de iniciar o traballo co resto do grupo debido a un problema na súa perna dereita, a contraria á intervida na pasada tempada, polo que a súa lesión non ten relación con esa intervención anterior.

Estímase que a súa recuperación supoñerá un período de entre dous e tres meses polo que o club comunicoulle que non conta cos seus servizos.

Dada a boa sintonía e disposición polas dúas partes, o club ofreceu os seus servizos médicos ao xogador e este aceptou, polo que seguirá en Lugo durante ese período traballando no seu recuperación cos servizos médicos do Breogan, aínda que loxicamente fóra da disciplina do equipo.

Os responsables técnicos do CB Breogán xa traballan para buscar un substituto para Sandi Marcius.

Nota de prensa del Leite Río Breogán