San Miguel CF 1-6 UD Ourense || Segunda parte para enmarcar das ourensanistas

0

 

[alert type=»danger»]

San Miguel CF: Aldara, Joana (Catarina 32′), Beatriz, Olalla, Xiana, Laura, Iria (María 46′), Nahir, Sara, Sofía, Megan (Ruth 24′)

UD Ourense: Noelia, María, Andrea, Pacy (Ches 57′), Lo , Moni (Zaira 60′), Dana, Aida, Laura, Hele, Cris

Goles: 1-0 Sofía min 10, 1-1 Cris min 25, 1-2 Hele min 34, 1-3 Hele min 52, 1-4 Laura min 55, 1-5 Cris min 66, 1-6 Zaira min 74.

Árbitro: Eduardo Fragueiro Bautista. Cartón amarelo a Sofia (36′), Maria (84′) e ao delegado (84′) no San Miguel.

Incidencias: partido correspondente a 21ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo da Pirucha (Oia)

[/alert]

 

A primeira metade careceu de ritmo. Uns primeiros minutos onde as locais se aproveitaron dos erros das ourensanistas para achegarse polo área e nunha destas aproximacions veu o 1-0 tras un roubo de balón da dianteira local a unha defensa, defininido cunha vaselina ante a que nada puido facer Noelia.

As locais plantaron a defensa no medio campo pero as visitantes non eran quen de definir cando recibían balóns. No minuto 25 si atinou Cris para facer a igualada. Voltou atinar coa rede Hele no minuto 35 para romper a igualada. Polo camiño quedaron oportunidades para Laura, Aida e a propia Hele.

 

A segunda metade foi outra historia. As visitantes subiron un par de marchas e en dez minutos sentenciaron o encontro. O 1-3 foi o mais fermoso da tarde, Hele colle o balón ao borde do área, faille un sombreiro a defensa e, sen deixala botar, engancha unha volea que entra pola escadra. Pouco despois veu o 1-4 obra de Laura tras recibir en banda. A propia Laura tería outra oportunidade similar pero o seu disparo foi ao lateral da rede.

O ritmo volveu decader pero aínda chegarían dous tantos mais. No minuto 66 seria Cris cun tiro axustado ao pao dende o brode do area tras roubar Zaira e o derradeiro chegou no minuto 74 tras unha xogada que rematou Laura ao pao e Zaira moi atenta metia de cabeza, estreandose como goleadora.

 

Victoria para as rapazas da UD Ourense que ven como se manteñen as distancias coas de arriba. A vindeira semana rende visita a Velle o equipo de O Val, que na ida derrotou as ourensanistas. Será as 18:30 horas do Sábado