#rugby Liga Gallega – Zalaeta ATC Arteixo 0 – Club Rugby Ferrol 76

    0
    87

    Crónica do CD Zalaeta ATC Arteixo 0 – Club Rugby Ferrol 76 celebrado en Acea da Ma, Culleredo e dirixido polo Árbitro: Evaristo Martínez

    O pasado sábado o CD Zalaeta recibía no seu campo ó gran favorito a gañar o título de liga, o Ferrol RC. Os nosos rinos coñecen ben o seu rival e saben que non é un equipo que levanta o pé do acelerador durante o partido, e este sábado, non ían cambiar de idea. Pola contra, o Zalaeta presentábase ó partido cunha premisa clara: facer un partido serio en defensa e non dar nada por perdido.

    O comezo do partido estivo caracterizado por un alto ritmo, con ambos equipos xogando de ti a ti e dominio verdibranco. Puido adiantarse o cadro local cun golpe de castigo, mais a falta de puntería privounos dos 3 puntos. A igualdade durou pasado o ecuador da primeira parte, no que o Ferrol puxo unha marcha máis e comezou a impoñer o seu ritmo a base de ensaios. Nos últimos 55 minutos o partido tivo unha cor: a azul. Outra fin de semana Ferrol mostrou a súa candidatura ó titulo e, por que non, a ese ansiado ascenso.

    Nun partido con todo en contra; o importante era ter claro as ordes transmitidas polo adestrador, David Redondo, e disputar o partido de comezo a fin. E así foi. O CD Zalaeta fixo o partido que quería: poucas pérdidas de balón, bos contactos, disputa nas fases estáticas e, o máis importante, rematar o partido ca sensación dun traballo ben feito.

    Avultado resultado, 0-76, que aínda que non afecta no anímico, deixa nunha situación feble ó equipo a hora de consolidar o posto na clasificación. Quedan dúas autenticas finais, a primeira, a que se xogará este sábado 15 no Campo As Lagoas de Marcosende fronte o Kaleido Universidade de Vigo «B», correspondente a xornada 10.

    Fotografía de: Diego Varela