#rugby 1ª División Gallega. CD Zalaeta ATC Arteixo 15 – Pontevedra Rugby Club 29

    0

    Nuestros amigos de Zalaeta, nos envían la crónica del partido correspondiente al CD Zalaeta ATC Arteixo 15 – Pontevedra Rugby Club 29 disputado en el campo de Acea da Ma-Culleredo el Domingo 19-16.30 y dirigido por el Árbitro Jacinto Campos «Cachopo».

    O pasado domingo o CD Zalaeta recibía a visita do Pontevedra RC no campo de Acea da Má nun partido no que o cadro local podía afianzarse na clasificación e reafirmarse logo do encontro da semana pasada fronte ó Lalín RC . Mais o equipo que vimos a xornada anterior parecía un recordo lonxano do que se presentou nos campos de Culleredo.

    O partido comezou igualado pero foi o PRC quen comezou decantando a balanza o seu favor, adiantándose no minuto 17 cun primeiro ensaio e aumentando a distancia cara o final da primeira parte con outros 7 puntos. Nesta primeira parte os rinos sempre foron a remolque do equipo visitante, sen conceder excesivos metros mais tendo erros defensivos e sen concretar na parcela ofensiva, con ataques inertes e tomas de decisión pouco acertadas. Así é todo, os equipos chegaban ó descanso cun resultado que invitaba ó optimismo: 0-12.

    A charla no descanso do adestrado David Redondo pareceu xurdir efecto, pois Neco pousaba o balón na zona de ensaio cando só se xogaran 5 minutos da segunda parte. O equipo collía aire, a remontada parecía posíbel, pero a alegría durou pouco. O PRC soubo aproveitar as oportunidades e pouco despois de reanudar o xogo conseguía un novo ensaio, ó que lle seguirían outros dous en escasos 15 minutos.

    Con apenas 20 minutos por diante o Zalaeta comezou a tirar de oficio, collendo folgos de onde non parecía que os houbera e traballando cada fase. Foise adentrando pouco a pouco no campo do PRC, os cambios introducidos deron outro ritmo ó partido e aproveitando unha expulsión temporal dun xogador visitante, no minuto 69 Gordo poñía o 10-29 no marcador. A victoria estaba lonxe pero as ganas de competir non, foi co tempo regulamentario cumprido cando Emilio puxo o definitivo 15-29 no marcador.

    Logo desta derrota o equipo arteixán terá dúas semanas para preparar a próxima xornada, na que se verá as caras conta Kaleido Universiade de Vigo B, desta vez como visitante, e que será Kaleido Universiade de Vigo B – CD Zalaeta ATC Arteixo, no Campo As Lagoas de Marcosende-CUVI o dia 01-02-2020 as 16.40

    Crónica de: Carlos Pico  Responsable de prensa do CD Zalaeta ATC Arteixo