Rugby. 1ª Div. Galega. Santiago – Zalaeta. Crónica

0
138

O pasado sábado, o equipo coruñés club deportivo Zalaeta rugby tivo que desprazarse ao campo universitario de Santiago para debutar o terceiro partido de liga galega contra o Santiago rugby club.

O partido comezou con moita tensión por parte dos dous equipos con tres puntos para cada equipo, grazas a unha patada de castigo xeitosa realizada por parte de Pablo do Zalaeta que mais adiante no primeiro ensaio non tivo tanta sorte de transformar o ensaio de Manuel Quintanilla e así obter os dous puntos mais da transformación. Por parte de Henrique do Santiago, obtiveron tres puntos metendo o balón polos paus coa patada de castigo e ademais dous puntos mais grazas ao ensaio de Ismael que obtivo cinco puntos para o seu marcador.

Indo ao descanso cun partido pasado por auga e cun case empate con 10 puntos por parte do Santiago e 11 puntos encabezados polo Zalaeta, saíron ambos equipos ao campo de xogo con poucas enerxías pero como e normal, o Zalaeta cun progresivo rendemento que como consecuencia obtiveron puntos no seu marcador grazas as dúas patadas de Pablo, o apertura, unha de golpe de castigo e a outra grazas ao ensaio de Cristian, o Melillense incorporado ao Zalaeta esta tempada. Ao contrario, o Santiago so tivo oportunidade de remontar coa lograda patada de castigo e así gañar tres puntos.

Despois incorporouse ao debut o novo xogador Daniel, que saíu ao campo de xogo a falta de 5 minutos do final facéndolle relevo ao veterano do rugby, que na segunda parte estivo buscando un par de veces o contacto, por parte do Santiago, entrou Alberto Eduardo polo ala Daniel no minuto 50 e Eduardo cambiouse polo segunda liña Pablo no minuto 62.

E por último, a falta de 6 minutos de finalizar o encontro, un dos alas do Zalaeta, Alberto foi expulsado con cartolina amarela por unha placaxe alta.

E así conclúe o sábado, unha vitoria para o equipo coruñés e un gran debut por parte de ambos equipos.

Fotografias e texto: Diego Varela