RUGBI. LIGAS GALEGAS. Partidos Fin de semana 25/26 MARZO

    0

    Con so un partido por disputar antes das finais, achegamos os encontros que van a disputar tanto os sub16 como as distintas categorías das seleccións galegas.

    SUB16 Xornada 10  DO 5º O 8º

    25/03/2023  11:00  CR Coreti Lalín – Campus Univ. Ourense / Os Ingleses R.C.  coa arbitraxe de Pérez Núñez, Narciso no Estadio Manuel Anxo Cortizo.

    A Selección galega SUB14, disputará en Madrid esta fin de semana o CESA (Campionato de España de Seleccións Autonómicas) con dúas sedes, nas Rozas o 25 de marzo sábado;  e en Pozuelo de Alarcón o domingo 26. O sábado disputarase contra as seleccións de Murcia e Cantabria e o domingo contra Asturias e Baleares.

    Tamén as Seleccióons  Galegas SUB18 e a Emerging Masculinas terán protagonismo esta fin de semana, onde están chamados a concentración do sábado 25 no Campo de Rugby de A Estrada, as 12.30 para a SUB18 e as 16.30 para a Emerging.

    Podedes ver todas/os as/os convocadas/os na páxina Oficial da Federación Galega de Rugbi (https://rugby.gal/)

    MOITA SORTE A TODAS/OS