Rugbi feminino. PRC 49 – Vigo RC 32

    0

     

    Importante partido que enfrontou o sábado pola tarde ao equipo feminino do PRC co VIGO RUGBY CLUBE logrando a meritoria primeira vitoria do equipo pontevedres.

    A priori intuíase que ía ser igualado, tanto polo nivel dos dous equipos como polas numerosas baixas que presentaban. E así foi no primeiro tempo, onde se alternaron os ensaios en ambas liñas de marca, chegando cun resultado moi axustado ao descanso (22-15). A indisciplina do conxunto pontevedrés fixo que xogaran 20 minutos con dous xogadoras menos, pero a gran actitude mostrada tanto en ataque como en defensa fixo que non se traducise nun punto de diferenza a favor das viguesas. Na segunda parte a dinámica cambiou e a igualdade do primeiro converteuse nunha superioridade das xogadoras do PRC grazas a unha gran actitude e ambición. As dianteiras gañaron moitos metros ao recibir o oval e o apoio asegurou a posesión en cada ruck, mentres que a velocidade das tres cuartos desbordaba fóra, aproveitando o espazo que deixaba a defensa rival.

    A defensa pontevedresa, que non aumentou a presión, non foi quen de impedir que os rivais entrasen con forza e velocidade para romper a liña defensiva, pero as contundentes entradas das nosas dianteiras conseguiron frear a embestida das dianteiras viguesas, e de novo a velocidade das tres cuartos anulou as numerosas fuxidas das rápidas viguesas. O equipo visitante, que plantou cara durante todo o partido, fixo que fose un triunfo traballado e celebrado, que confiamos en que se repita.

    Moitas cousas por mellorar pero a gran evolución deste grupo fainos ser moi optimistas.Noraboa tamén as nosas amigas de Vigo e un abrazo a Lourdes que sufriu unha ferida durante o encontro.

    Resultado PRC 49-32 Vigo RC

    Fonte e Foto: RRSS PRC