O CD Lalín informa da fichaxe do xogador Rubén Agra Díaz “AGRA”, defensa de 24 anos nacido en Pontevedra, formado nas categorías inferiores do Pontevedra CF, defendendo a sua elástica ate xuvenís división de honra.
No seu currículo consta o ser un xogador importantante na Preferente Galicia, participando nas grandes campañas do Xuventude Sanxenxo (onde coincidiu con Richi), Portonovo SD, CD Ribadumia, ou Pontevedra B.O xogador afirma que “estou feliz de poder vir axudar a Manu Cerón, co que tiña unha conta pendente cando xa me intentara levar para o Ourense CF. Coñezo o nivel do plantel e veño coa idea de sumar, e agradar cada semana aos siareiros do Clube, aos meus compañeiros e aos técnicos. Cando me chamou Manu non o pensei, falei con Richi e confirmoume o bo ambiente que hai no vestiario e a ilusión polo traballo e a competitividade que se respira aquí. Son consciente da responsabilidade que ten vestir esta camisola, se ben darei o mellor de min para cando o equipo me necesite e o adestrador decida. Agora somentes penso en gañarme un espazo en cada once, e en traballar arreo cada semana para tentar sumar de tres en tres”.
 
O adestrador Manu Cerón quixo resaltar que “Rubén é un xogador do que espero moito esta tempada. O plantel pasa a ser máis competitivo, e quero agradecer inmensamente o tremendo esforzo que fai para estar con nós. É un xogador polivalente, zurdo, que pode xogar de lateral ou central, e que reforza a nosa liña defensiva. Nunha plantilla corta as baixas por lesións e sanciós nótanse moito, e agora pasamos a ter un efectivo máis, o cal nos dará maiores alternativas. Agra é un xogador moi novo pero con moita experiencia, polo que encaixa perfectamente na idea de proxecto de futuro que temos”.
 
FOTO: Antonio Reguera – Na imaxe, de esquerda a dereita: Iván Gómez (Auxiliar Técnico, Manu Cerón (Adestrador), Rubén Agra (nova fichaxe), e Abel Durán (Auxiliar Técnico).

Comentarios