Romone Saunders e Joel Hernández marcharon hoxe a Estados Unidos para a renovación  do visado que lles permitirá continuar residindo en España e competindo co Marín Peixegalego. O club realizou tódolos trámites oportunos para que ámbolos dous xogadores poidan reducir o tempo de espera e dispoñer canto antes da documentación para retornar a Marín.

Con todo, tanto Joel como Romone son dúbidas para o partido da fin de semana que medirá ao Peixe contra o COB na Raña.

Ademais, a ausencia de ambos condicionará os adestramentos durante as próximas sesións, xa que limitará o número de efectivos dos que dispoña Javi Llorente para preparar o partido da fin de semana. No caso de Romone, a súa participación estaría igualmente complicada debido á escordadura de nocello que padeceu a finais da semana pasada.

Nota de prensa del Marín Peixegalego