Reunión do CD Lalín coa Concellería Deportes para mellorar o Cortizo

0

 

O concelleiro de deportes de Lalín, Miguel Medela, reuniuse con parte da directva do CD Lalín, para tratar diferentes melloras que se realizarán no Cortizo, e asumir o compromiso de seguir apoiando no que o Concello poida, calquera iniciativa do novo Lalín. Tratáronse temas de instalacións, de seguridade, de reposición dos desperfectos dos últimos días, e de colaboracións que permitirán o desenvolvemento de diferentes iniciativas enmarcadas dentro do novo proxecto social do CD Lalín. Por parte do Lalín, estiveron presentes o director deportivo Javier Sueiro, e Luis Taboada.
O concelleiro sentenciou que «traballar esta tempada co CD Lalín é unha gozada, a nova directiva está traballando arreo para estabilizar e facer medrar o Clube, e o Concello vai estar ahí. É o momento de apostar forte polo equipo, como fixeron eles contando cun proxecto de xente da casa. O aspecto deportivo vese que vai moi ben encamiñado, polo que agora hai que facer por que o resto do Clube vaia medrando tamén, para voltar a facer grande este Clube. Marcos (o presi) encabeza un proxecto que é atractivo para o Concello e a contorna, e que conta co total apoio do Concello».
Pola súa parte, dende o CD Lalín indicaron que «o Clube está traballando en diferente frentes para recuperar con paciencia e co paso do tempo, o terreo que lle corresponde a esta entidade. Son moitas as iniciativas que imos levar a cabo e contar co apoio do Concello é fundamental. Queremos deixar constancia do agradecemento a Miguel Medela e a Rafa Cuiña, pola implicación coa nova directiva e o novo proxecto».
[amazon_link asins=’B01MT58XT4,B01MY4EW38,B012VVUJEW’ template=’ProductGrid’ store=’1112-7946-5290′ marketplace=’ES’ link_id=’8d99d353-9963-11e7-9394-29f037ece4c6′]