O Victoria F.C. sumou un empate (o terceiro da tempada) no encontro disputado este domingo no campo de Santa Isabel ante o Oviedo Moderno B (1-1) correspondente á séptima xornada de Liga na 1.ª Nacional feminina.

O encontro tivo dúas caras moi diferentes. O conxunto santiagués dominou o xogo no inicio, saíndo moi ben da presión imposta polo rival dende o seu campo na saída do balón, e contou con varias ocasións moi claras de gol ata que conseguiu abrir o marcador. Foi Noela, cunha xogada individual, quen firmou o 1-0 (min. 21), un tanto que deu tranquilidade ó Victoria F.C. para non precipitarse nas xogadas de ataque.

Pero todo mudou na segunda metade. «O Oviedo meteunos no noso campo, non tiñamos profundidade, decidíamos mal na iniciación do xogo e concedimos moitas facilidades», lamenta o técnico santiagués Chivi García. Nese momento foi clave a experiencia e calidade da porteira Carmen, que tivo que empregarse a fondo. Sen embargo, o empate chegou nunha falta de entendemento entre a central e a porteira que a dianteira do Oviedo Moderno Amaya Coleman soubo aproveitar (1-1, min. 55).

«Co empate xa non fomos quen de reaccionar e acabamos pedindo a hora fronte a un equipo que nos puso as cousas moi difíciles na segunda parte», analiza o adestrador compostelán.

Tras este empate o Victoria F.C. manten a quinta praza na clasificación con 11 puntos á espera de visitar o vindeira domingo ó Victoria C.F. (12.15 horas).

Nota de prensa del Victoria FC