Renovación de Martín Bello no Calvo Basket Xiria

Continúan as renovacións dos xogadores do Calvo Basket Xiria para competir novamente na Liga EBA, baseándose estas no equipo da pasada campaña.

0

Carballo, a 28 de Agosto de 2020.- Martin Bello Bugallo (Decembro 1997) @Belluus. Aleiro especialista no tiro de tres puntos como indica case 40% de acertos nas 4 tempada nas que xogou na Liga EBA, chegando na 2018/19 a un 53%. A esta facilidade para o tiro de longa distancia únese a súa capacidade física, a que lle debe permitir converterse nun xogador máis completo e máis importante en tarefas reboteadoras, tanto en ataque como defensa.

O equipo estará baseado no grupo da pasada tempada no que deportivamente e a nivel humano adáptense ao estilo do equipo; con esas características, renova Martín Belo, xogador coruñés de 1,95 mts de altura e 23 anos de idade. Xogador da canteira de Basquet Coruña e que xa coincidiu con moitos dos seus novos compañeiros noutras tempadas, Martín vén de promediar 10 puntos no seu último ano en liga EBA, categoría na que suma 1316 minutos e 486 puntos; anteriormente, completou unha tempada 2017/18 en LEB PRATA disputando un total de 26 partidos co Xuven de Cambados.

http://competiciones.feb.es/estadisticas/Jugador.aspx?i=765671&c=1711790