O Redondela FS agarda unha gran festa na Bomboneira ante Baiña FS

0

 

Aproveitando o encontro de Liga Gallega ante Baiña FS, o Redondela FS e Casa Paco realizarán a presentación de todas as categorías inferiores, así como as fotos oficiais da tempada. Edu, flamante subcampeón de España realizará o saque de honra no encontro o que asistirá o Concelleiro de Deportes de Redondela D. Jesús Crespo.
 
Edu, recente subcampión de España
Edu, recente subcampeón de España

Tamén farase un recoñecemento, o xogador benxamín Edu, que ven de proclamarse subcampeón de España, no campeonato de selecciones autonómicas, celebrado este último fin de semana, na localidade asturiana de Gijón. O citado xogador realizará o saque de honra do encontro o que asistirá o Concelleiro de Deportes de Redondela D. Jesús Crespo

A partir das 16:15 os redondeláns intentarán volver a senda dos triunfos, xa lonxe dos primeiros postos, o novo obxectivo e recuperar o máis pronto posible a terceira posición. Chega a Bomboneira o Baiña FS, que nestos momentos ocupa postos de descenso, polo tanto virá co coitelo entre os dentes, xa que sua demanda e necesidade de puntos é moi alta.

Tras unha mala semana de adestramentos por diferentes motivos, os locais acudirán á cita só con dez xogadores, xa que Varo, Manoliño, Yago e Buján perderanse a cita por problemas físicos.

Agárdase polo tanto unha festa do fútbol sala redondelán, con suficientes motivos para a mesma.