RC Celta 4-0 SD Eibar || Vitoria celeste con outra exhibición de Iago Aspas

Tras seis xornadas consecutivas sen gañar, o RC Celta regresou á senda do triunfo cunha goleada ante o Eibar na que brillou o dianteiro galego Iago Aspas con tres goles e outro de Brais Méndez dan un triunfo clave para que Mohamed poida tomar algo de aire.

0
Foto: LaLiga

Ficha Técnica
RC Celta de Vigo: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Juncà, Beltrán, Lobotka, Brais Méndez, Emre Mor (Okay, min.74), Iago Aspas (Dennis, min.85), Boufal (Sisto, min.81).

SD Eibar: Riesgo, Bigas (Cucurella, min.68), Cote (Sergio A., min.68), Peña, Arbilla, Diop, De Blasis, Orellana, Jordán, Sergi Enrich (Charles, min.57), Kike.

Goles: Iago Aspas (1-0, min.5), Iago Aspas (2-0, min.36), Brais Méndez (3-0, min.56), Iago Aspas (4-0, min.82).

Árbitro: González González, do comité madrileño. Sen amonestados.

Campo: ABANCA Balaídos (15.509 espectadores).

Antonio Mohamed situou en punta a Iago Aspas, flanqueado por Emre Mor e Sofiane Boufal de inicio, e o de Moaña volveu exhibir por que é o maior goleador español dos últimos tempos. Apenas correran cinco minutos de xogo cando golpeou por primeira vez, cunha fermosa vaselina que parecía imposible mellorar. Non foi así. Media hora despois, Aspas volveu aparecer cun tanto aínda máis espectacular, tamén de vaselina e desde fóra da área.

Tras o descanso, Brais Méndez uniuse á festa goleadora con outro tanto ‘made in’ A Madroa. Pase de Iago Aspas e remate con efecto do mozo canteirán que despistou ao gardameta rival. Co partido xa sentenciado e dominado, a oito minutos para o asubío final, Iago Aspas redondeou a súa actuación co definitivo 4-0. Nada mellor que un hat-trick para celebrar o nacemento da súa filla Miña e facer aínda máis grande a súa lenda na historia do RC Celta.

DP RC Celta

Foto: LaLiga