Raúl Pérez novo xogador do Gondomar CF

Este domingo 12 de agosto as 20: 00 horas, será o debut do equipo na casa no Trofeo Vila de Gondomar ante o CP Alertanavia no Campo de As Gaiandas.

0

 

Tralo fichaxe a semana pasada do defensa Jacobo Martínez, porriñés de 26 anos que veu procedente do Moaña de Preferente, hoxe o Gondomar CF confirma a Raúl Pérez Martín, xogador de 22 anos, que ocupa a posición de mediocentro, novo xogador do clube e que chega procedente do Matamá, tras pasar anteriormente polo Nigrán. 

Formado nas categorías inferiores do CP Alertanavia, o olívico tamén xogou no Areosa. Nas súas primeiras declaracións afirmou que «chego con moitísima ilusión, e con gañas de facelo ben».