Tralo fichaxe a semana pasada do defensa Jacobo Martínez, porriñés de 26 anos que veu procedente do Moaña de Preferente, hoxe o Gondomar CF confirma a Raúl Pérez Martín, xogador de 22 anos, que ocupa a posición de mediocentro, novo xogador do clube e que chega procedente do Matamá, tras pasar anteriormente polo Nigrán. 

Formado nas categorías inferiores do CP Alertanavia, o olívico tamén xogou no Areosa. Nas súas primeiras declaracións afirmou que “chego con moitísima ilusión, e con gañas de facelo ben”.

 

 

Comentarios