Ramón Dacosta novo presidente da UD Ourense

0

 

O ex-futbolista do CD Ourense e da propia UD Ourense, José Ramón Dacosta, será o sustituto de Modesto García no cargo de presidente da entidade ourensanista. Seguirá os eu lado o doutor Cabaleiro e Eladio Pérez, ademáis de Diego Soto, Álvaro Cabaleiro, Roberto Almedia e Neil González.

Ás 21:00 do 29 de Xullo de 2019, unha vez rematado o escrutinio dos 76 socios, o resultado  foi de 69 votos a favor, 3 en contra e 4 abstencións, a Xunta Electoral decidiu:

  1. Proclamar de maneira provisoria como gañadora das eleccións á Xunta Directiva a canditatura formada por:

    1. Presidente: D. José Ramón Dacosta González

    2. Vicepresidente: D. Manuel Cabaleiro Fabeiro

    3. Secretario: D. Diego Soto Feijóo

    4. Tesoureiro: D. Eladio Pérez Pérez

    5. Vogal: D. Álvaro Cabaleiro González

    6. Vogal: D. Roberto Almeida Brañas

    7. Vogal: D. Neil González Seoane