Rafael Louzán, proclamado presidente da RFGF

O ribadumiense foi proclamado presidente pola Asamblea e tomará posesión de maneira oficial o día 14.

0
Rafael Louzán Abal foi proclamado presidente da Real Federación Galega de Fútbol durante a Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada na sede federativa de Santiago, unha proclamación que se produxo sen necesidade de , xa que Louzán foi o único que oficializou a candidatura á presidencia.
Esta é unha proclamación provisional, pois a toma de posesión oficial producirase o vindeiro día 14 según marca o regulamento electoral. Deste xeito Louzán cumplirá o seu segundo mandato á fronte da RFGF.
O acto comezou coa constitución da Asemblea, coa toma de posesión dos 150 membros electos. A continuación procedeuse á proclamación do Presidente e da Comisión Delegada. Acto seguido dirixiuse ós asistentes o subdirector da Secretaría Xeral para o Deporte, Miguel Sieiro, quen explicou a función da Xunta en este proceso electoral.
E para rematar a Asemblea o candidato electo, Rafael Louzán, dirixiuse ós asambleístas. Agradeceu en primeiro lugar a confianza depositada polo fútbol galego no traballo feito durante estes case catro anos: “o fútbol galego falou alto e claro consolidando o modelo de xestión que puxemos en práctica da Federación desde a nosa chegada”, sinalou o presidente. Engadiu que esa alta confianza, reflexada no feito de pasar “de 79 votos nas anteriores eleccións a ter o aval de preto de 140 dos 150 asambleístas” supón tamén un “alto grado de lexitimidade e de responsabilidade”. Agradeceu tamén a altísima participación nas eleccións, cun 83% en clubs e indicou que este proceso electoral serviu “para consolidar o cambio de modelo na xestión federativa, un cambio de modelo en beneficio de todo o fútbol galego e que sitúa á nosa Federación entre as máis importantes de España”.
Louzán fixo un breve repaso da lexislatura e presentou as ideas maestras do proxecto para estes catro vindeiros anos.
  • A mellora da atención sanitaria coa apertura das clínicas propias, como a que xa está funcionando en Santiago.
  • Mellorar as competición no fútbol base escoitando as opinións dos clubs nos distintos subcomités que se van a formar en todas as Delegacións.
  • Axustar as tarifas arbitrais para reducir os custes a aqueles clubs máis lonxanos das cidades, sen que iso supoña un incremento para os clubs das principais urbes.
  • Crear unha liña de axudas para material deportivo.
  • Axudar ós clubs na elaboración de proxectos para a mellora das súas instalación.
  • Campaña global de fomento do fútbol femenino co ánimo de incrementar o número de mulleres futbolistas, especialmente nas categorías base, creando unha estrutura que permita un sólido desenvolvemento do noso fútbol femenino.
En definitiva, seguir afianzando este novo modelo de xestión implantado desde decembro de 2014. Un modelo que ten como columna vertebral ós clubs, a quen Louzán di que seguirá escoitando de maneira continua para dar solución ós seus problemas e necesidades.