O Vilalba FS empeza cos primeiros movementos para esta nova tempada na Terceira División de Fútbol Sala. Os primeros en renovar foros os técnicos, Alfonso González “Belga” e Luis Vázquez.
 
Con esta que empeza, Alfonso González levará dez tempadas á fronte do equipo, convertíndose nun dos técnicos máis lonxevos de Galicia. Terá de novo ao seu carón a Luis de Cospeito, que aportará a súa experiencia no banco por segundo ano consecutivo.
 
 
En canto aos xogadores, José López foi un fixo no equipo, e o seu rendimento foi compensado coa convocatoria coa Selección Galega para o Nacional de Autonómicas, logrando o subcampionato. Unha grave lesión apartaba das pistas a Tucho nun momento clave da competición. Na actualidade atopase na recta final da recuperación e con moitas gañas de axudar de novo ao equipo.
 
 
Fotos: María Roca

Comentarios