FICHA TÉCNICA

RC Celta 2-1 Valencia CF

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Murillo, Aidoo, Lucas Olaza, Tapia, Fran Beltrán, Denis Suárez, Emre Mor, Nolito e Iago Aspas.

Aliñación Valencia CF: Jaume, Gaya, Paulista, Diakhabi, Wass, Kondogbia, Guedes, Kang In, Esquerdo, Musah e Maxi Gómez.

Goles: 1-0, min. 13 (Iago Aspas). 1-1, min. 46 (Maxi Gómez). 2-1, min. 57 (Iago Aspas).

Árbitro: Gil Manzano

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

Volveu aparecer a gran calidade do Celta e con ela chegou a primeira vitoria da tempada. Dous goles de Iago Aspas, excelso coma sempre, fixeron que os 3 puntos quedaran en Vigo. Nin o gol de Maxi Gómez nada máis comezar o segundo tempo apartou aos celestes do obxectivo do triunfo.

No once de saída celeste destacaba Murillo, que voltaba ao Celta tras unhas longas negociacións coa Sampdoria no verán. O equipo comezou con moita intensidade e xogando a maior parte dos minutos no campo rival. Denis SuárezEmre Mor e Iago Aspas intentaron abrir o marcador nos primeiros compases do encontro. A continuación si que chegou o gol. Nolito realizou unha gran xogada e finalizou Aspas. O colexiado de banda cortou a ledicia ao anular o tanto, pero a revisión do VAR deu a razón aos celestes. Nos seguintes minutos o Celta seguiu atacando, Nolito Fran Beltrán dispuxeron de ocasións destacadas. Chegando ao descanso, o Valencia meteu unha marcha máis e estivo preto do gol. Aínda que antes de finalizar o primeiro periodo, os locais terían unha oportunidade nunha contra de Aspas que rematou Emre Mor ao lateral da rede.

No inicio da segunda metade, os excélticos Daniel Wass e Maxi Gómez montaron unha xogada que converteu en gol o dianteiro uruguaio. Maxi non celebrou o gol, sinal de agradecemento á súa etapa no Celta. Despois do tanto ché os celestes tardaron un anaco en atoparse no partido. Ata que chegou a maxia do mago de Moaña para poñer o 2-1 nun impresionante lanzamento de falta. Despois, seguiron intentando aumentar a ventaxa Nolito nun un contra un e Brais Méndez Miguel Baeza en lanzamentos ao pau. Aínda así, o Celta sempre sofre e nos últimos minutos o Valencia creou perigo na área celeste. Iván Villar realizou unha boa actuación e deteu as acometidas rivais.

Este triunfo enche de alegría aos de Óscar García. Principalmente polo bo xogo amosado, e polo bo resultado dos novos como Tapia. Pero sobre todo, a bota de ouro de Aspas segue intacta por moitos anos que pasen. Iago está a 1 gol de igualar a Hermidita como máximo goleador celeste en Primeira División. Mentres, Hugo Mallo está a 2 partidos de igualar a Mostovoi como o xogador con máis partidos na máxima categoría. Lendas vivas que seguen facendo historia.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander